Artigo em galego que resume o conflito da FAU-Berlim com o cinema Babylon, antes do processo que levou à sua ilegalização, publicado no site da CNT-Galiza.
O cinema Babylon, localizado no distrito Mitte de Berlin, conta con unha tradición cinematográfica de máis de 80 anos. Encontra-se nun edificio histórico protexido e seu programa de filmes de autor garantiza-lle o éxito nunha cidade moderna como Berlin. Infelizmente isto non se traduciu en unhas condicións laborais dignas. Con poucas perspectivas de que as cousas melloraran, os seus traballadores decidiron tomar cartas no asunto.
Estaban fartos dos míseros soldos (5,50-8,00 euros/hora), de despidos arbitrários, de non receber pluses de nocturnidade e fins de semana, etc., é dicer, de traballar en unhas condicións totalmente precárias. De facto, o próprio director do cinema admitiu que os salários estaban apenas por cima do nível de vida en Alemaña. Ditas condicións laborais eran especialmente escandalosas nun cinema muito coñecido pola proxección de filmes esquerdistas e sociais, e que, ademáis, recebe subvencións anuais de centos de milleiros de euros do Senado de Berlin.
Para tratar de conseguir melloras, uns cantos traballadores decidiron organizaren-se na "Freie ArbeiterInnen-Union" (FAU; Unión de Traballadores Livres) en xaneiro de 2009. Acercaron-se à FAU porque esta organización é fiel aos seus princípios de base e porque un dos seus compañeiros xa conseguira axuda no sindicato.
Após un axitado comezo e o despido de un dos seus afiliados, a FAU de Berlin apresentou à Neue Babylon Berlin GmbH unha proposta de convénio colectivo o 6 de xuño de 2009. O convénio foi preparado por un grupo de traballadores de Babylon e afiliados da FAU. Foi ratificado por unha aplastante maioria dos empregados en unha asemblea da plantilla. Os directores do cinema deixaron pasar a data limite para negociar coa FAU. Xustificaron seu rechazo argumentando que non estaban en disponibilidade de contactar coa FAU, porque esta non estaba cualificada para negociar convénios.
Tambén dixeron aos seus empregados que non negociarian coa FAU posto que dita organización estaba sendo vixilada pola Bundesamt für Verfassungsschutz (Oficina Federal de Protección da Constitución), unha axencia nacional de intelixéncia. As razóns polas que a Verfassungsschutz considera que a FAU é anti-constitucional deben-se ao seu apoio às protestas contra o G8 e a que se organiza segundo os princípios anarco-sindicalistas. O facto de que "Die Linke" (A Esquerda), un dos partidos da coalición governante no Senado berlinés, tambén esté sendo vixilado pola Verfassungsschutz non parez molestar aos directores cando aceitan as subvencións do Governo cada ano. Tampouco parez molestá-los o facto de que organizacións como o Partido Comunista Alemá e Cuba Si (iniciativa solidária xermano-cubana), tambén vixiladas pola Verfassungsschutz, usen Babylon para os seus actos.
Por outra parte, os directores pediron-lles aos traballadores que non fixeran nada que pudese perxudicar ao negócio nen que reclamasen direitos porque costaria muito diñeiro. No entanto, non estiveron dispostos a compartir información algunha sobre a xestión económica como exixe a "Lei Constitucional do Traballo Alemá. Pode que se negasen porque habiían gastado muitísimo diñeiro para lles pagar aos avogados nas causas contra os seus empregados e a FAU.
O 16 de xuño, a FAU de Berlin anunciou que iniciaban un conflito laboral no cinema para obrigar à directiva a negociar. Unha das principais accións foi o reparto de panfletos na entrada do cinema para informar aos transeúntes e clientes sobre o conflito laboral. Ao longo do verán, militantes da FAU fixeron acto de presenza, pero non só na entrada do cinema Babylon. Outra compañía, a cargo tambén dos directores de Babylon, Kino und Konzerte GmbH (K&K), obtivo un lucrativo contrato para pór un cinema e radio-teatro ao ar livre en Berlin. Para disgosto dos chefes, os afiliados da FAU tambén repartiron panfletos en sendas localidades durante a proxección ao ar livre para informar ao público dos nexos entre K&K e Babylon asi como do conflito laboral.
O 25 de xuño, levou-se a cabo un piquete informativo enfrente do cinema, onde fixo sua entrada a mascota do conflito “Baby-Lohn”, un osiño de peluche que gaña soldos de bebé (“Lohn” é soldo en alemán) e resalta o facto de que en muitos traballos en Bear-lin (xogo de palavras con Berlin e “Bear” que é oso en inglés), especialmente no sector cultural, pagan-se salários minúsculos.
En xullo, posto que os directores non daban mostra de quereren-se sentar a negociar, a FAU subiu a aposta chamando ao boicot a Babylon. Invitou-se à xente a mostrar sua solidariedade cos traballadores non entrando no cinema Babylon até que a directiva acordase negociar. Enlaces en Internet, pósters, octavillas, blogs, chapas, camisolas, auto-colantes e muitos artículos nos periódicos locais, todo isto atraiu a atención do público ao boicot e ao conflito laboral, de modo que pareceu que a directiva ia a reaccionar. Cando menos deron sinais de estar debilitando-se. Un dos directores gañou o alcume de “a Margaret Thatcher da Plaza Rosa Luxemburgo” polas pallasadas neo-conservadoras: chamou à policia para que botase do cinema à xente que levaba camisolas Baby-Lohn, tirou-lles octavillas das mans aos clientes e amiude veu-se-lle raiar e arrancar auto-colantes e pósters das farolas a altas horas da noite.
À briga uniron-se-lles outros grupos organizando piquetes enfrente de Babylon. A FelS (Iniciativa por unha Corrente de Esquerda) proxectou filmes en duas ocasións: unha vez para apoiar o boicot, proporcionando un programa alternativo audiovisual, e a outra para protestar contra Expo Colómbia, a cal alugou Babylon como unha das súas sedes. Que se lle brinde un espazo en Babylon a Expo Colombia, un foro para atraer negócios a un país onde centos de sindicalistas foron asasinados nos últimos anos, é muito ilustrativo de un cinema que se vende como “de esquerda”.
“Solidaridad con Emmely” é un grupo de apoio à caixeira Emmely, despedida tras ser acusada de coller vales da reciclaxe de garrafas por valor de 1,30 euros; é muito probábel que a verdadeira razón fora o ter organizado una folga no supermercado. Esta plataforma está a intentar que se promulgue unha lei que impida que a patronal poda despedir a traballadores tachados de ladróns sen proba algunha. “Solidaridad con Emmely” organizou unha concentración en Babylon, cuxos chefes tampouco viñeron con disculpas à hora de despedir a sindicalistas, para denunciar o conflito de Emmely así como o da plantilla de Babylon.
A luita deu un novo giro coa entrada do sindicato máis grande da Alemaña, Verdi (Sindicato Unido de Servizos), e do partido Die Linke. Este último provén da fusión dos socialdemocratas escindidos da WASG (Alternativa Electoral polo Traballo e a Xustiza Social) e o PDS (Partido Socialdemocrata Alemán), cuxas raíces encontran-se no SED (Partido Socialista Unificado da Alemaña), que era o partido governante da Alemaña do Leste. A FAU xa criticara a Die Linke polo diñeiro que recebe Babylon do governo de Berlin e porque este partido tolera salários entre 5 e 8 euros/hora en un cinema no que ten influéncia, ao tempo que pede un salário mínimo de 10 euros/hora.
A principios de setembro de 2009, Verdi meteu-se de cheo no conflito ao anunciar que ia a luitar por un convénio colectivo no cinema. En xaneiro de 2009, os afiliados de Verdi no cinema pediran ao seu sindicato que tomara cartas no asunto, pero os representantes sindicais non fixeron nada ao respeito. Por iso, os motivos de Verdi non estaban de todo claros. O secretário sindical Andreas Köhn afirmou que actuara pola solicitude de un afiliado dous meses antes (xullo de 2009), no entanto que Die Linke afirmaba ter pedido a Verdi que o fixera. O certo é que Verdi entrou na negociación colectiva apesar de contar con un só afiliado no cinema e sen consultá-lo coa FAU. Tras este anuncio, houbo contactos entre o secretário xeral da FAU de Berlin e Andreas Köhn, pero o representante de Verdi só fixo una vaga promesa de pedir à directiva do cinema a participación da FAU nas negociacións, o que obviamente rechazaria.
Dous dias antes das eleccións xerais alemás, o 25 de setembro, Die Linke organizou un acto en Babylon. A FAU non deixou pasar esta oportunidade para facer fincapé no comportamento dos directores do cinema e o descoñecimento do partido. A FAU apresentou-se no cinema con faixas, bandeiras e panfletos, e para sua sorpresa habia xa afiliados de Die Linke repartindo octavillas que tachaban à FAU de oportunista. O panfleto tambén dicía que Die Linke tiña a situación sob control pois pedira a Verdi que negociase con Babylon. A directiva do cinema aproveitou esta protesta para levar à FAU aos tribunais, alegando que a FAU non tiña direito a pedir o boicot.
O xuizo, que tivo lugar o 7 de outubre, saldou-se con unha proibición xudicial do boicot. O xuiz afirmou que a FAU non estaba cualificada para negociar convénios. En Alemaña un sindicato non pode desenvolver a sua actividade sindical se previamente non se probou a súa capacidade para negociar convénios colectivos. Ante a pergunta de cómo se supuña que a FAU ia a negociar o seu primeiro convénio sen levar a cabo unha acción sindical para obrigar à empresa a sentar-se a negociar e aceitar suas reivindicacións, o xuiz ficou mudo. A FAU recorreu a senténcia.
En dicembro de 2009, Andreas Köhn firmou un convénio con Babylon. Os soldos recollidos no convénio eran muito máis baixos que os que pedía a FAU. No entanto, os salários de uns cantos traballadores incrementaban-se en un 30%. En todo caso, a paga está muito por debaixo dos convénios que ten Verdi en outros cines, os cais tambén incluen pluses de nocturnidade, fins de semanas e vacacións, entre outras cousas. Köhn prometera antes de iniciar as negociacións que non aceitaria soldos por debaixo dos que están recollidos nos convénios estándars de Verdi. Nen sequer os traballadores tiveron a última palavra na firma do convénio, tal e como lles prometera Köhn.
Apesar de todo, a FAU segue contando con unha importante presenza no cinema e a maioria dos traballadores apoian as suas accións. Obviamente os empreados e a FAU non abandonaron a batalla e seguirán a luitar ate que se consigan salários dignos e unha estabilidade laboral.
Máis información en:
Curta de Freundeskreis Videoclips (en alemán con subtítulos en inglés) sobre as precárias condicións laborais no cinema Babylon en: http://www.archive.org/details/Babylon-teaser
Extraído de: http://www.fau.org/verbot/es/
.